| "Concertos para escolares de Música Popular Galega -II" | ||||||||||||||||||||||
Coñecidos os instrumentos
e as melodías máis características da nosa música; así como das súas posibilidades
de entretemento amosadas nos anteriores "CONCERTOS PARA ESCOLARES DE MÚSICA
POPULAR GALEGA -I", e coma continuidade dos mesmos, os "Gaiteiros da Xistra"
propoñen un novo pantexamento didáctico: |
||||||||||||||||||||||
CONCERTO PARA ESCOLARES |
||||||||||||||||||||||
![]() |
||||||||||||||||||||||
É moi frecuente que ao pensar
nas formacións instrumentais na música popular galega, nos centremos casi
exclusivamente no cuarteto composto por dúas gaitas, bombo e tambor (de feito
esta agrupación é nomeada coma "Cuarteto Tradicional"). A realidade demóstranos
que na música popular galega, a riqueza musical vai moito máis alá en función
da propia historia e localización xeográfica e mesmo en función do uso social
do tipo de música en cuestión. |
||||||||||||||||||||||
O obxectivo primordial deste
concerto titulado "AS FORMACIÓNS INSTRUMENTAIS" é o de posibilitar ao alumnado
que, no transcurso duns 50 minutos, aproximadamente, poida emprender un camiño
con evidente carácter |
||||||||||||||||||||||
| didáctico, que o leve ao coñecemento da música dos "copleiros" (violín, zanfona), das "cantadeiras" (pandeiretas, pandeiras, adufes, latas, ...), dos "cuartetos" (gaita, bombo e tamboril con requinta ou frautín, con clarinete ou cunha segunda gaita) e das "murgas" (engadindo saxofón, acordeón, bombo con platillos, caixa, ...). | ||||||||||||||||||||||
NOVIDADE: |
||||||||||||||||||||||