"Concertos para escolares de Música Popular Galega -II"

Coñecidos os instrumentos e as melodías máis características da nosa música; así como das súas posibilidades de entretemento amosadas nos anteriores "CONCERTOS PARA ESCOLARES DE MÚSICA POPULAR GALEGA -I", e coma continuidade dos mesmos, os "Gaiteiros da Xistra" propoñen un novo pantexamento didáctico:

CONCERTO PARA ESCOLARES
MÚSICA POPULAR GALEGA - II:
"AS FORMACIÓNS INSTRUMENTAIS"

É moi frecuente que ao pensar nas formacións instrumentais na música popular galega, nos centremos casi exclusivamente no cuarteto composto por dúas gaitas, bombo e tambor (de feito esta agrupación é nomeada coma "Cuarteto Tradicional"). A realidade demóstranos que na música popular galega, a riqueza musical vai moito máis alá en función da propia historia e localización xeográfica e mesmo en función do uso social do tipo de música en cuestión.
O obxectivo primordial deste concerto titulado "AS FORMACIÓNS INSTRUMENTAIS" é o de posibilitar ao alumnado que, no transcurso duns 50 minutos, aproximadamente, poida emprender un camiño con evidente carácter
didáctico, que o leve ao coñecemento da música dos "copleiros" (violín, zanfona), das "cantadeiras" (pandeiretas, pandeiras, adufes, latas, ...), dos "cuartetos" (gaita, bombo e tamboril con requinta ou frautín, con clarinete ou cunha segunda gaita) e das "murgas" (engadindo saxofón, acordeón, bombo con platillos, caixa, ...).

NOVIDADE:
¡¡AGORA , PRIMINDO NOS BOTÓNS CORREPONDENTES, TODA A INFORMACIÓN SOBRE OS MATERIAIS E AS ACTIVIDADES PROPOSTAS!!