Establécense dúas modalidades de premio: Modalidade Infantil, para obras de narrativa dirixidas a lectores de 7 a 12 anos. Dotado con 25.000 euros. Modalidade Xuvenil, para obras dirixidas a lectores de máis de 12 anos, dotado con 30.000 euros. O feito de participar nunha modalidade exclúe a posibilidade de facelo na outra.
A concesión do premio en calquera das modalidades inclue a edición nas diversas linguas do Estado español –por parte de Edebe- das obras premiadas. O importe computarase á conta dos dereitos do autor segundo contrato habitual de Edebé.
A editorial Edebé terá unha opción preferente para a adquisición dos dereitos, en todas as linguas do Estado español, das obras que o xurado considere de interese publicar e que non obtivesen premio nalgunha das modalidaes.
As obras deberán ser orixinais totalmente inéditos, de tema libre e escritos en castelán ou en calquera das linguas do Estado. O xénero literario debe ser novela. Remitiranse 3 copias a este enderezo: Premio Edebé de literatura Infantil e Xuvenil. Editorial Edebé, Paseo San Juan Bosco, 62. 08017 Barcelona. Deberase especificar claramente a que modalidade do Premio de Literatura se opta.
A extensión das obras será dun mínimo de 20 páxinas e dun máximo de 80 para a modalidade infantil, e de 80 a 200 para a xuvenil. Os traballos presentaranse mecanografados a dobre espazo e escritos por unha soa cara en follas de papel tamaño DIN-A4. De ser posible, acompañaranse dunha copia en soporte informático.
Os orixinais enviaranse nunha plica. As plicas deben conter co nome, o enderezo e o teléfono do autor. O xurado procederá á apertura de plicas tras emitir o ditame do premio nas súas dúas modalidades.
Cada concursante poderá enviar todos os orixinais que desexe. O feito de participar implica o compromiso de non optar a outros premios coas obras presentadas a concurso, así como a ausencia de compromisos editoriais previos ou simultáneos para as mesmas. O prazo de admisión de orixinais rematará o 15 de setembro do 2008. Non se poderá presentar ao concurso o persoal do grupo Edebé.
O xurado será nomeado por Edebé e estará formado por especialistas en literatura e educación. A súa composición darase a coñecer no momento de publicar o ditame do premio. O xurado enitirá un veredicto inapelable.
O veredicto do xurado será dado a coñecer a finais de xaneiro do 2009 no transcurso dun acto que se convocará para este fin.
Os orixinais non-premiados poderán ser devoltos dentro dos catro meses seguintes á adxudicación do premio, se así o solicitan os autores; despois desta data, poderanse destruír. A editorial non responde, en ningún caso, do extravío ou perda dalgún orixinal.
A participación no Premio Edebé de Literatura Infantil e Xuvenil implica a plena conformidade e aceptación destas bases.